Exposición itinerante “Xacobeo: cando todos os camiños conducen a Galicia” 🗓

A mostra itinerante que conmemora o 25 aniversario da inclusión do Camiño Francés na Lista Indicativa do Patrimonio Mundial da Unesco, organizada pola Consellería de Cultura e Turismo, exponse en Lugo, tras o seu paso polo concello lucense de Portomarín. Trátase dunha mostra fotográfica que realiza unha retrospectiva sobre este fito que, no contexto do Xacobeo 93, supuxo un punto de inflexión na peregrinación a Compostela.

A mostra púidose contemplar por primeira vez no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), en Santiago de Compostela, o pasado mes de decembro, coincidindo co acto conmemorativo deste aniversario.

Lugar: Biblioteca Pública de Lugo. Lugo

Data: do 15 ao 31 de xaneiro de 2019

Organiza: Consellería de Cultura e Turismo

from to
Eventos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *