X Congreso Internacional de Estudos Xacobeos “Jacobus patronus”

Lugar: Auditorio do Hostal dos Reis Católicos. Santiago de Compostela
Data: do 9 ao 11 de novembro de 2017

Organiza: Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago e Turismo de Galicia
Dirección: Paolo Caucci von Saucken, presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago

Obxectivo
O X Congreso Internacional de Estudos Xacobeos terá como obxecto profundar nos aspectos máis salientables do padroado de Santiago. Con esta perspectiva analizaranse as características do Apóstolo como patrón e protector de nacións, cidades, ordes hospitalarias, ordes militares, confrarías e igrexas… De xeito especial, indagarase sobre os aspectos espirituais, iconográficos, simbólicos, políticos e históricos dunha relación que entrou fondamente na cultura e na mentalidade de moitos pobos de Europa e América.

Destinatarios
Estudantes, docentes, estudosos da cultura xacobea, membros de asociacións de amigos do Camiño e demais persoas interesadas.

Inscrición
Inscrición gratuíta ata completar capacidade
Prazo: do 12 de setembro ao 3 de novembro de 2017
Formulario online de inscrición: https://goo.gl/NZ1Gc5

Bolsas
A Xunta de Galicia en colaboración coa Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, da Universidade de Santiago, ofrece doce bolsas para investigadores que consisten na estancia completa gratuíta durante os días do congreso.

Aloxamento
Estudantes, parados e membros de asociacións de amigos do Camiño terán a posibilidade de pasar a noite de balde no albergue de peregrinos de San Lázaro, en Santiago de Compostela, os días que dure o congreso.
Os interesados en solicitar aloxamento gratuíto deberán xustificar a súa condición de estudantes, desempregados ou membros dunha asociación de amigos do Camiño no momento de formalizar a inscrición.

Información e contacto
S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
Área de Cultura Xacobea
Tel.: 881 996 265
cultura.xacobea@xacobeo.org

Imaxe: Codex Calixtinus da Universidade de Salamanca (©Universidad de Salamanca)

PROGRAMA

Xoves, 9 de novembro
16.30 h. Inauguración oficial. Acto de lembranza a Robert Plötz, membro do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago
17.00 h. Conferencia inaugural Santiago patrón de Compostela [Fernando López Alsina, Universidade de Santiago de Compostela, España]
17.45 h. Santiago patrón das Españas [Paolo Caucci von Saucken, Università degli Studi di Perugia, Italia]
18.30 h. Pausa
18.45 h. Santiago e a Monarquía francesa [Adeline Rucquoi, CNRS, Francia]
19.30 h. Santiago e a identidade do Portugal medieval [Paulo Almeida Fernandes, Universidades de Coimbra e Porto, Portugal]
20.30 h. Recepción de benvida

Venres, 10 de novembro
09.30 h. Santiago patrón da Orde de Santiago [Hugo O’Donnell y Duque de Estrada, Real Academia de la Historia, España]
10.15 h. Padroado e modelo de virtudes na construción de imaxes de cabaleiros en Caçem
[Carla Varela Fernandes, Universidade Nova de Lisboa, Portugal]
11.00 h. Pausa café
11.30 h. A colexiata de Santiago de Coimbra [Maria José Azevedo Santos, Universidade de Coimbra, Portugal]
12.15 h. O apóstolo Santiago patrón das Españas. Iconografía da Ofrenda Real na Catedral de Santiago [Miguel Taín Guzmán, Universidade de Santiago de Compostela, España]
13.00 h. Mesa redonda: Padroado de cidades e institucións
13.45 h. Pausa
16.00h. Il patronato di San Giacomo sul mare [Rosanna Bianco, Università degli Studi di Bari Aldo Moro]
16.45 h. San Giacomo patrono di hospitales: San Giacomo al Colosseo [Philine Helas, Bibliotheca Hertziana Roma, Alemaña]
17.30 h. Pausa
18.00 h. Fasti, nefasti e metamorfosi del culto e del patronato di San Giacomo in Sicilia: Capizzi, Messina, Caltagirone [Giuseppe Arlotta, Centro Italiano di Studi Compostellani, Italia]
18.45 h.  Idea e concepto do Padroado [Francisco Puy Muñoz, Universidade de Santiago de Compostela, España]

Sábado, 11 novembro
10.00 h. Santiago patrón de Filipinas e das Indias Orientais [Anna Sulai Capponi, Università degli Studi di Perugia, Italia]
10.45 h. Santiago e o vicerreinado de Nova España [Antonio Casasola, Instituto Teológico Pío XII, San Sebastián, España]
11.30 h. Pausa café
12.00 h. Santiago patrón de Santiago de Cuba [Jorge Catasús Fernández, Archidiócesis de Santiago de Cuba, Cuba]
12.45 h. Santiago patrón de Santiago de Chile [Eduardo Andrades Rivas, Universidad del Desarrollo, Chile]
13.30 h. Pausa
16.00 h. Padroado, espiritualidade e relixiosidade nas ordes militares da Península Ibérica
[Klaus Herbers, Universität Erlangen, Alemania]
16.45 h. Espiritualidade e sentido do padroado de Santiago [Piotr Roszak, Uniwersytetu Mikołaja Kopernika, Polonia]
17.30 h. Pausa
18.00 h. Formazione e caratteri del patronato di Santiago a Pistoia [Lucia Gai, Comitato san Jacopo, Pistoia, Italia]
18.30 h. Santiago patrón de confrarías actuais [Segundo Pérez López, deán da SAMI Catedral de Santiago de Compostela, España]
19:15 h. Clausura oficial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *