Xornadas 30 Aniversario do “I Congreso Internacional Camiño de Santiago”

Este 2017 cúmprense 30 anos desde que Jaca acolleu o I Congreso Internacional do Camiño de Santiago, que foi xerme da Federación Española de Asociacións do Amigos do Camiño de Santiago e sentou as bases sobre a atención a peregrinos; para conmemoralo celebraranse unhas xornadas os próximos días 1, 2 e 3 de decembro. Durante elas, os asistentes ao congreso poderán coñecer máis polo miúdo, a través de relatorios, coloquios e mesas redondas, as estratexias turísticas de desenvolvemento sustentable en torno ao Camiño de Santiago; como se realizou a acollida a peregrinos nestes últimos 30 anos así como un esbozo histórico sobre o renacemento xacobeo e a ordenación do territorio do Camiño de Santiago. Ademais, tamén se previron visitas culturais e turísticas e a presentación das actas do Congreso.

A programación do evento foi deseñada pola Asociación de Amigos do Camiño “Jaca Jacobea” (que tamén se encargou da dixitalización, corrección e maquetación das actas do congreso do 87, que se regalarán aos asistentes), e na súa organización participan o Concello de Jaca e o Goberno de Aragón.

Data: 1, 2 e 3 de decembro de 2017

Inscricións:

jornadasjacobeas@aytojaca.es
974 356 002

Máis Información: www.jaca.com

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *