XVII Encontro de Asociacións Xacobeas – Valencia, Capital da Seda 2016

Lugar: Valencia
Data: 15, 16 e 17 de setembro de 2017
Organiza: Asociación de Amigos del Camino de Santiago de la Comunidad Valenciana

PROGRAMA:

Día 15 de setembro, venres

19:00 h Concerto de música barroca “Coro Lluis Vich”. Centro Cultural La Beneficencia. Capela neo-bizantina.
20:00 h Copa de benvida ofrecida pola Asociación.

Día 16 de setembro, sábado

9:00 h Visita ao Mercado Central (opcional). De estilo modernista, chama a atención polos produtos que ofrece, sobre todo pola riqueza das súas froitas e verduras da horta, os postos de especies aromáticas e de cores, así como pola gran variedade de froitos secos, todo isto produto dunha tradición musulmá. No súa peixería, cómpre que mirar ademais ao alto para contemplar a vieira que coroa a súa cúpula.
10:00 h Visita guiada ao Palau da Generalitat (BIC). Non sempre é posible visitar este excepcional palacio de estilo gótico, entre cuxos salóns destacan a Gran Sala Daurada, a Sala dels Reis, a Sala Nova e o Saló de Corts, ademais da grande escaleira gótica e a escultura de Benlliure.
11:30 h Visita ao Almudín ou Lonxa do Gran (siglo XIV).
12:00 h Saída en autobús para unha visita guiada ao mosteiro de San Miguel de los Reyes e a súa cripta. O edificio, actualmente ocupado pola Biblioteca Valenciana, é resultado dun labor construtivo levado a cabo ao longo de moi diversas épocas: unha alquería musulmá do século XI, un mosteiro cisterciense do XIV, un mosteiro xerónimo do XVI e un presidio do XIX-XX.
14:00 h Comida no Sequert Lo Blanc (Alboraya), antigo secadoiro de chufa.
16:00 h Visita guiada á igrexa de San Nicolás “o esplendor do barroco”.
17:00 h Visita á Lonxa de Mercadores (século XV). O salón Columnario ou Sala de Contratación iniciouse en 1483. O edificio está concibido como un templo ao comercio e presenta un marcado carácter simbólico, no que as columnas serían as árbores do paraíso e as cúpulas representarían a cúpula celeste. No mesmo edificio pódese visitar o Consulado do Mar.
17:30 h Visita guiada ao Colexio Maior da Seda (siglo XV).
19:00 h Resto da tarde-noite, libre.

Día 17 de setembro, domingo

10:00 h Saída en bus para El Palmar.
11:00 h Embarque para asistir á Exhibición de Vela Latina na Albufera (BIC).
14:00 h Comida no Palmar, restaurante Canyamel.
16:00 h Clausura do XVII Encontro de Asociacións Xacobeas.
Despedida.

Fonte: Asociación de Amigos del Camino de Santiago de la Comunidad Valenciana

+Info

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *