XX Seminario Jose Antonio Cimadevila Covelo

Nos próximos días a Asociación de Amigos del Camino de Santiago de Madrid celebrará o XX Seminario José Antonio Cimadevila Covelo, haberá dúas sesións, os días 18 e 25 deste mes ás 19 h.

Levaranse a cabo mediante a ferramenta para videoconferencias Zoom (previa inscrición), Youtube e Facebook; estas últimas de acceso libre.

Primeira Sesión, mércores 18 de novembro de 2020 ás 19:00 horas.
Conferencia: Aos 20 anos do Seminario Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos, por José Antonio Ortiz.
Moderador: Francisco García Mascarell

Segunda Sesión, mércores 25 de novembro de 2020 ás 19:00 horas
Conferencia: Os Camiños da Mar a Compostela, da man de Juan Caamaño, que falará das rutas marítimas a Compostela. E do seu novo libro en gran formato que se publicou en coedición co CEU, a Federación e o XII Congreso.
Moderador: José Luis Alvarez Ruiz da Fermosa

As Sesións poderanse seguir por:
– Videoconferencia Zoom, previa inscrición en caminos@demadridalcamino.org
– Youtube (acceso libre): De Madrid al Camino
– Facebook (acceso libre): @ demadridalcamino

Fonte: Asociación de Amigos del Camino de Santiago de Madrid

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *