XXXI Asemblea da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago

Dos días 2 ao 4 de marzo de 2018 celebrarase a próxima Asemblea da Federación en Alacante, á que poderán acudir todas as Asociacións Federadas e aquelas que solicitasen a súa admisión.
A organización ten acordados uns prezos en varios establecementos hostaleiros céntricos da cidade e próximos ao MACA e ao Concello. As reservas débense realizar dando como referencia a Asemblea da Federación de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago ou Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago. Cada asociación encargarase de tramitar as súas reservas e de realizar o pago co establecemento hostaleiro que elixa. A asociación organizadora non se fará cargo das reservas e pagos dos hoteis.
As sesións de traballo realizaranse no Museo de Arte Contemporánea de Alacante ( MACA), localizado na Praza Sta. María, 3, (no casco antigo) durante a mañá e a tarde do sábado día 3. Pola noite, a cea de gala terá lugar no Castelo de Santa Bárbara no salón Felipe II.
Tamén haberá un programa para os acompañantes que visitarán durante a mañá do sábado o Casco antigo da cidade de Alacante, así como algún museo relevante da cidade.
Organiza: Asociación de Amigos del Camino de Santiago en Alicante

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *