2ª Peregrinación ao Camiño Branco – Camiño Antártico

O pasado martes, 10 de abril, realizouse na Igrexa de San Ignacio de Loyola a consagración ao Apóstolo Santiago dos peregrinos do Buque de Investigación Oceanográfica BIO HESPÉRIDES, da Armada Española, na súa 2ª Peregrinación ao Camiño Branco – Camiño Antártico, desde a Antártida a Santiago de Compostela, 14.075 km.

A Asociación Amigos do Camiño de Santiago en Arxentina selou as credenciais dos peregrinos como paso dos mesmos pola Cidade de Buenos Aires.

Na mesma igrexa pódese ver a 1ª Exposición Fotográfica ao Camiño Branco – Camiño Antártico, que foi presentada en importantes cidades de España e que se mostra por primeira vez na Arxentina.

Fonte e fotografía: Asociación Amigos del Camino de Santiago Argentina

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *