A Asociación de Amigos del Camino de Santiago en Ávila inaugura unha serie de esculturas ao longo da Ruta Xacobea nesa provincia

O próximo día 11 de marzo, a Asociación de Amigos del Camino de Santiago en Ávila, inaugurará tres novas esculturas no Camiño de Santiago ao seu paso pola provincia de Ávila. En Cebreros a inauguración será ás 12:00 h, en San Bartolomé de Pinares ás 13:00 h e por último será El Barraco ás 14:00 h.

A primeira desta serie de esculturas foi inaugurada o pasado 3 de decembro de 2016 en Tornadizos de Ávila. Quedan aínda trece municipios pendentes de inaugurar a súa escultura, aínda que todas as obras están entregadas nos distintos pobos, excepto en Ávila capital, que en breve terá a súa.

Estas esculturas corresponden ao proxecto no que a Asociación de Amigos del Camino de Santiago quixo investir a dotación económica, nunha sinalización orixinal e inédita na provincia, ao obter o Premio Camiño de Santiago 2015, outorgado pola Xunta de Galicia a través de de Turismo de Galicia.

Fonte: Asociación de Amigos del Camino de Santiago en Ávila.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *