A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Xapón celebra o seu décimo aniversario

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Xapón cumpre dez anos e a Consellería de Cultura e Turismo acompañou en Tokio na celebración desta efeméride aos membros e directivos deste colectivo, convertido nun dos referentes xacobeos deste país asiático.

O acto de celebración tivo lugar na embaixada de España na capital xaponesa convocado ao obxecto conmemorar este acontecemento. Coa súa presenza, o Goberno autonómico puxo en valor o traballo desta asociación, unha das entidades distinguidas recentemente na última edición dos Premios Camiño de Santiago, convocados por este departamento da Xunta.

No acto recoñeceuse o importante papel que desenvolve no ámbito dos hospitaleiros dos albergues do Camiño de Santiago axudando cada ano aos cada vez máis numerosos peregrinos xaponeses na súa peregrinación. A Consellería de Cultura e Turismo tamén agradeceu o seu labor de divulgación coa edición de guías e a organización de charlas, seminarios e conferencias arredor da peregrinación; así como coas tarefas de sensibilización que desenvolve entre a sociedade xaponesa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *