A Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago concédelle o seu ‘Premio Internacional APECSA 2016’ á revista Peregrino

revista-peregrinoA revista Peregrino, editada pola Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e dirixida por José Antonio Ortiz, foi a gañadora da cuarta edición do “Premio Internacional APECSA 2016, de Divulgación do Camiño de Santiago”, dedicado este ano a David Mackenzie. O xurado, presidido por Luís Celeiro, valorou positivamente os traballos presentados e por unanimidade outorgoulle o premio á revista Peregrino, polo seu labor de difusión e promoción dos valores xacobeos.

Esta distinción, que do mesmo xeito ca nas edicións anteriores consiste nunha escultura de Luís Loureira, será entregada o 26 de novembro nun acto que se celebrará ás 12,30 horas no mosteiro de Samos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *