A Associação dos Amigos do Caminho de Santiago de Viana do Castelo vai poñer en funcionamento un posto de información ao peregrino

A Associação dos Amigos do Caminho de Santiago de Viana do Castelo, impulsora da revitalización e sinalización do Camiño Portugués da Costa en Portugal, vai poñer en funcionamento un posto de atención e información ao peregrino en Viana do Castelo.

O posto de información terá os seguintes obxectivos:

Facer estadísticas, recollendo datos pertinentes dos peregrinos (nacionalidade, idade, lugar de partida, itinerario elixido, dificultades atopadas, etc).
Informar, sobre aloxamento, restauración, localización de supermercados, farmacias e centros de saúde e os seus respectivos horarios, locais de interese, horarios dos servizos relixiosos, contactos de taxis, horarios dos transportes públicos, etc.
Acoller, transmitindo a hospitalidade portuguesa e demostrando dispoñibilidade e espírito de servizo
Apoiar, ofrecendo mapas, folletos e selando a credencial dos peregrinos.

A AACS-VIANA lanza unha campaña de captación de voluntarios e convida a toda a comunidade local e apaixonados polo Camiño de Santiago a colaborar nesta iniciativa xuntamente con todos os membros da AACS-VIANA.

Espazo: Capela de Nsa. Sra. do Porto – Cais Novo – Darque

Data: Meses de xullo e agosto, de 12:00 a 18:00 h.

Inscrición: ata o 15 de xuño de 2017

ASSOCIAÇÃO DOS AMIGOS DO CAMINHO DE SANTIAGO DE VIANA DO CASTELO
Rua General Luís do Rego, nº 149-151, 4900-344, Monserrate, Viana do Castelo, Portugal
(00351) 968 523 593  |  info@caminhosantiagoviana.pt   |  www.caminhosantiagoviana.pt

2 comentarios

  1. Hola Daniella:

    En el artículo tienes los datos de contacto de la AACS-VIANA para ponerte en contacto con ellos.

    ¡Buen Camino!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *