A campaña ‘Camiño da reciclaxe’ recupera 146 toneladas de papel e envases nos albergues galegos

Os albergues do Camiño de Santiago reciclaron entre os meses de xuño e outubro máis de 146 toneladas de envases lixeiros e de papel-cartón no marco da iniciativa Camiño da reciclaxe.

O obxectivo principal desta campaña, que por terceiro ano consecutivo impulsa a Xunta en colaboración con Ecoembes, é fomentar a reciclaxe nos albergues do Camiño de Santiago e concienciar aos peregrinos procedentes de todo o mundo que cada ano realizan esta ruta sobre a importancia da recollida selectiva de envases lixeiros, de papel e de cartón. Así mesmo, a iniciativa busca evitar a aparición e o incremento ao longo do camiño da chamada basuraleza (desperdicios e lixo que se deposita en espazos naturais).

Neste sentido, a conselleira amosouse moi satisnos cinco meses que durou a campaña, coincidindo co período de maior afluencia de peregrinos nesta ruta, recolléronse en total algo máis de 146 toneladas de residuos: 40 de envases e 106 de papel-cartón. Estas cifras supoñen un incremento de case o 50% con respecto ás da campaña anterior, cando se recolleran en Galicia algo máis de 100 toneladas neste mesmo período.

Neste balance influíu, sobre todo, o incremento rexistrado no número de albergues participantes: 216 establecementos galegos localizados ao longo do Camiño Francés, do Camiño do Norte e do Camiño Portugués sumáronse á iniciativa en 2018, fronte aos 148 que participaran na edición anterior. Cada un destes albergues dispuxo de 2 ou de 4 puntos de reciclaxe en función do número de prazas ofertadas, de modo que se repartiron en total 1.000 contedores azuis (papel-cartón) e amarelos (envases lixeiros).

Na campaña colaboraron os hospitaleiros que atenden estes establecementos e actúan á vez como voceiros e promotores da iniciativa entre os peregrinos que pasan por alí. Grazas a eles, tamén se repartiron 40.000 bolsas reutilizables para axudar aos camiñantes a almacenar e transportar os residuos que xeren en cada etapa, así como diverso material informativo e merchandising para fomentar a reciclaxe e uns hábitos de consumo máis sustentables.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *