A cidade británica de Bishop Auckland alberga a exposición ‘Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago’

A igrexa de St Jonh`s School & Sixth Form College, en Bishop Auckland, no condado británico de Durham, acolle ata o vindeiro día 12 de decembro a exposición fotográfica Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago, unha mostra de Manuel García Vicente que recolle as experiencias vividas na ruta xacobea a carón dos peregrinos.

Organizada por Turismo de Galicia, esta exposición promove os valores xacobeos en Gran Bretaña, mostrando en imaxes a experiencia hospitalaria e solidaria no Camiño de Santiago, nos albergues para peregrinos e no fin da ruta en Compostela.

É a segunda ocasión que esta exposición Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago visita o condado de Durham xa que no pasado verán puido visitarse tamén na igrexa da parroquia da Nosa Señora da Misericordia e San Godric, un templo próximo á abadía beneditina de Finchale, de gran tradición xacobea por ser un lugar frecuentado polos peregrinos ingleses que iniciaban o Camiño de Santiago.

+info

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *