A Confraternity of Saint James realiza un importante labor de promoción e difusión do Camiño de Santiago no Reino Unido

A Confraternity of Saint James é unha organización benéfica sen ánimo de lucro, rexistrada e dirixida por voluntarios, dedicada á promoción do Camiño de Santiago. O seu labor é brindar servizos de información, asesoramento e orientación ao peregrino; distribúen guías e organizan eventos, coloquios e charlas académicas sobre a peregrinación e o Camiño de Santiago. É a única asociación xacobea con sede no Reino Unido que distribúe a súa propia credencial do peregrino, recoñecida oficialmente pola Catedral de Santiago.

A Confraternity ten dous albergues de peregrinos en España. Un no Camiño Francés, en Rabanal del Camino (León), e outro no Camiño do Norte, en Miraz (Lugo). Os dous establecementos abren sete meses ao ano, están xestionados por voluntarios e son albergues de donativo.

A Confreternity conta actualmente con 1.600 membros activos, que se encargan de informar e apoiar a outros peregrinos; así mesmo manteñen actualizada a información que sobre as diferentes rutas a Santiago de Compostela distribúen na súa oficina de Londres e na súa páxina web.

Esta asociación celebra cada ano unha serie de eventos: unha reunión xeral anual, charlas, conferencias, xornadas, peregrinacións, camiñadas guiadas, proxeccións de películas sobre o Camiño de Santiago, etc.

Para obter máis información:
WEB
FACEBOOK

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *