A exposición ‘Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago’ recibiu xa máis de 5.000 visitantes

A exposición ‘Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago’ organizada por Turismo de Galicia, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela para o apoio á candidatura do Códice Calixtino para a súa inclusión no Rexistro Internacional da Memoria do Mundo da UNESCO, recibiu xa máis de 5.000 visitantes.

A exposición de carácter divulgativo e didáctica permanecerá aberta ao público na igrexa da Universidade de Santiago de Compostela ata o próximo 3 de novembro, despois de percorrer varias cidades europeas e españolas.

A mostra conta con textos, fotografías, o facsímil do documento, pezas orixinais así como recreacións audiovisuais baseadas en datos do Libro V do Códice onde a creatividade contemporánea forma parte do proxecto.

A mostra pode visitarse de luns a sábado en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas.

+info

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *