A exposición ‘Mestre Mateo’ recala en Santiago tras o seu paso polo Museo do Prado

Inaugurouse en Santiago de Compostela Mestre Mateo, esta exposición foi a primeira monográfica dun artista galego acollida no Museo do Prado en Madrid.

Comisariada por Ramón Yzquierdo Peiró, a exposición poderá visitarse  no Pazo de Xelmírez ata o 23 de febreiro do ano que vén. A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos, como a fachada medieval e o coro de pedra que ocupou a nave central.

Os catro ámbitos temáticos que estruturan a exposición –O Mestre Mateo, a fachada do Pórtico da Gloria, o coro pétreo da Catedral e a catedral, Pórtico de Galicia– permitirán realizar un completo percorrido polo traballo do artista na Catedral, desde o ano 1168 ata a consagración do templo en 1211. Ademais de ser unha oportunidade para a recuperación de pezas que precisan traballos de conservación, tales como as estatuas-columna de David e Salomón, da fachada do Obradoiro; e realizar novos estudos e investigacións arredor delas.

+INFO: Catedral de Santiago

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *