A Federación Europea do Camiño de Santiago reuniu o seu comité técnico na cidade polaca de Torun

A Federación Europea do Camiño de Santiago, da que forma parte a Xunta de Galicia e outras sete administracións territoriais doutros tantos países europeos, celebrou o día 28 de marzo unha reunión do seu comité técnico na cidade polaca de Torun, acollidos polo goberno da rexión de Cuiavia-Pomerania recentemente integrada nesta federación.

A Xunta de Galicia estivo representada por Rafael Sánchez Bargiela, director-xerente do Xacobeo, e polo técnico de proxectos europeos de Turismo de Galicia.

Previamente á reunión da Federación, o director-xerente do Xacobeo foi recibido polo presidente da rexión de Cuiavia-Pomerania, Piort Calbecki, na sede do goberno rexional nesta cidade de Torun. No decurso desta xuntanza o director-xerente agradeceulle ao presidente Calbecki o seu interese pola integración desta rexión na Federación europea, testemuñando o importante labor que o goberno rexional esta a desenvolver a prol do Camiño de Santiago en Polonia, apoiando a súa sinalización, as actividades dos colectivos xacobeos desa zona así como o funcionamento da Cátedra do Camiño de Santiago que o profesor Piort Roszak dirixe na Universidade de Torun. O presidente rexional amosou o seu interese tanto pola integración na Federación Europea como por establecer un acordo de colaboración con Galicia.

Á reunión da Federación asistiron representantes de diferentes entidades integradas nela, como a Xunta de Galicia, Aglomeration de Le Puy-en-Velay (Francia), Provincia de Namur (Bélxica), Rexión de Cuiavia-Pomerania (Polonia), Municipio de Asís (Italia), Municipio de Vilapouca de Aguiar (Portugal), Municipio de Rothenbourg (Alemaña) ou a Asociación de Municipios Xacobeos de Lituania.

Nesta xuntanza abordáronse temas como os contidos do novo sitio web da Federación, www.saintjamesway.eu; as propostas de colaboración con outras rutas culturais como a Vía Rexia; as propostas de novas incorporacións á Federación; e a proposta de novas actividades (coa rede de universidades de Portugal, un proxecto belga sobre gastronomía e turismo, a creación de grupos de traballo, etc). Igualmente estudáronse diversas propostas do Instituto dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa e os diversos membros informaron sobre as súas actividades ao longo deste ano 2017.

Finalmente tratouse o tema da celebración do 30 aniversario da declaración, en Santiago de Compostela, polo Consello de Europa, do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo, declaración que abriu o programa dos itinerarios culturais que hoxe conta con máis de trinta rutas por toda Europa.

La Federación Europea del Camino de Santiago reunió a su comité técnico en la ciudad polaca de Torun

La Federación Europea del Camino de Santiago, de la que forma parte la Xunta de Galicia y otras siete administraciones territoriales de otros tantos países europeos, celebró el día 28 de marzo una reunión de su comité técnico en la ciudad polaca de Torun, acogidos por el gobierno de la región de Cuiavia-Pomerania recientemente integrada en esta federación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *