A Vía da Prata conta cun novo albergue de peregrinos na cidade de Ourense

A nova infraestrutura, de 647 metros cadrados e con capacidade para albergar 42 peregrinos, contribuirá a que a cidade de Ourense estea máis preparada para aproveitar a oportunidade que suporá o Xacobeo 21. A rede de albergues do Camiño a conformarán nestes momentos 70 establecementos repartidos polos distintos itinerarios oficiais.

O novo albergue cumpre con toda a normativa de accesibilidade afondando nos obxectivos do Plan de accesibilidade turística do Camiño de Santiago. E, con esta infraestrutura recupérase outro edificio en desuso que, nunha localización estratéxica, permitirá ao peregrino gozar da cidade durante a súa estadía.

O edificio leva o nome de Eligio Rivas Quintas, un dos precursores no estudo e difusión dos valores asociados ao Camiño, particularmente, á Vía da Prata ou ruta Mozárabe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *