A Xunta ampliará o albergue de peregrinos de Pontevedra no Camiño Portugués

A Consellería de Cultura e Turismo ampliará o albergue de peregrinos de Pontevedra para dar resposta ás necesidades expresadas pola Asociación de Amigos do Camiño Portugués, que desde hai dúas décadas atende este espazo integrado na Rede Pública do Xacobeo.

Con este incremento da súa capacidade, o albergue de Pontevedra pasará a ser o de maior capacidade do Camiño Portugués, una ruta onde o Goberno autonómico conta con dez establecementos públicos que manteñen viva a tradición da hospitalidade xacobea. Nestes momentos está en marcha, ademais, o proxecto para a construción dun novo albergue, neste caso na variante costeira do Camiño Portugués na cidade de Vigo, que se situará no seu casco vello e que estará plenamente operativo de cara á celebración do Ano Santo.

O Camiño Portugués e o Camiño Portugués da Costa recibiron en 2018 o 25% do total dos peregrinos, con crecementos do 14,5% e o 89%, respectivamente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *