A Xunta de Galicia abre a convocatoria da 2ª edición de “O teu Xacobeo”

A Consellería de Cultura e Turismo anuncia a apertura da segunda convocatoria de este programa dotada con 3,3 millóns de euros e que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia.

Nesta convocatoria habilitaranse tres liñas diferenciadas. A primeira delas, que conta cun orzamento de 500.000 euros, está destinada a entidades locais nas que se dará prioridade aos municipios de menos de 50.000 habitantes. A segunda liña, dotada cunha achega de 1 millón de euros, permitirá impulsar os proxectos de pemes e particulares. E a última das liñas permitirá, grazas a 1,8 millóns de euros, que boten a andar as propostas nacidas de entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro.

Na primeira convocatoria de O teu Xacobeo foron concedidos máis de 300 proxectos, dos cales o 41% xa se realizaron ou están en marcha neste momento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *