A Xunta de Galicia acorda co Ministerio de Industria, Comercio e Turismo implicar ás comunidades autónomas no Xacobeo 2021

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado da directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, acordou coa ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, coordinar co Ministerio de Cultura e Deporte a próxima celebración, en Santiago de Compostela, dunha xuntanza do Consejo Jacobeo na que se invite a participar ás comunidades autónomas polas que discorre o Camiño de Santiago e que non están integradas neste organismo. O obxectivo, compartido pola Xunta e o Goberno central, é implicar a todas elas na celebración do Xacobeo 21 por tratarse dun acontecemento estratéxico para o conxunto do Estado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *