A Área de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago estenderá o seu ámbito de actuación coa incorporación dos trazados do Camiño de Inverno e do Camiño Portugués da costa. Así o acordaron o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e o Ministerio de Fomento, que veñen de asinar esta ampliación, así como o convenio para o financiamento das actuacións a realizar nesta área en 2019.
Ata o momento, a ARI dos Camiños de Santiago incluía un total de 568 parroquias pertencentes a 108 concellos polos que transcorren as rutas do Camiño Francés, Inglés, Portugués, da Prata, do Norte, Primitivo e de Fisterra-Muxía.
Coa incorporación agora da ruta de Inverno e o trazado do Camiño Portugués da costa, a área esténdese a outras 99 parroquias de 20 municipios, aínda que dous deles (Lalín e Redondela) xa estaban incluídos antes ao atoparse no percorrido dalgunha das outras rutas. Polo tanto, a ARI dos Camiños de Santiago comprenderá un total de 687 parroquias distribuídas entre 126 concellos.
NOVOS CONCELLOS INCLUÍDOS NA AMPLIACIÓN DA ARI CAMIÑOS DE SANTIAGO
CAMIÑO DE INVERNO
|
CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA
|
A Pobra do Brollón
|
A Guarda
|
Chantada
|
Baiona
|
Monforte de Lemos
|
Nigrán
|
Quiroga
|
Oia
|
A Rúa
|
O Rosal
|
Carballeda de Valdeorras
|
Redondela
|
O Barco de Valdeorras
|
Vigo
|
Rubiá
|
|
Vilamartín de Valdeorras
|
|
Lalín
|
|
Rodeiro
|
Fotografía: Chantada