A Xunta de Galicia aproba o proxecto para a mellora e intergración paisaxística do Camiño Francés no Monte do Gozo

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción de mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago á cidade, no ámbito do Camiño Francés, no Monte do Gozo, no Concello de Santiago de Compostela.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio: https://goo.gl/zbvT4V

Esta primeira actuación no Camiño Francés enmárcase dentro da estratexia da Xunta para optimizar as entradas na capital de Galicia das diferentes rutas xacobeas, e que busca conseguir que no vindeiro ano santo do 2021 o Camiño sexa claramente visible e identificable nas zonas urbanas da capital de Galicia, favorecendo o tránsito dos peregrinos sobre o tráfico rodado, así como a posta en valor e desfrute dos espazos polos que transcorre.

Esta intervención no Camiño francés, ao seu paso polo Monte do Gozo, céntrase na reordenación da contorna ata o paso da estrada N-634 sobre a autoestrada AP-9, mellorando a visual do peregrino ao longo da traza do camiño e reducindo o tránsito de vehículos no tramo coñecido coma rúa do Gozo. Tamén cabe subliñar a grande importancia que a dita actuación terá para os veciños do lugar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *