A Xunta de Galicia coloca unha mouteira do Camiño de Santiago no Parlamento Europeo

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presidiu a colocación dunha mouteira do Camiño de Santiago no Parlamento Europeo. O dirixente autonómico, acompañado polo vicepresidente da institución comunitaria, Ramón Luís Valcárcel, descubriu este simbólico fito no acceso de visitantes da Eurocámara.

Ao longo deste acto, o conselleiro salientou que o elemento pétreo instalado no corazón da Unión Europea simboliza o Camiño de Santiago, que é “o primeiro xerme que deu lugar a unidade de Europa”. Esta mouteira compartirá espazo na entrada da Eurocámara cun anaco derribado do Muro de Berlín. Un elemento que, igual que a Ruta Xacobea, conmemora que “unha Europa unida foi e aínda é posible”.

A mouteira instalada no acceso ao Parlamento Europeo contén os principais símbolos do Camiño: a concha, un dos máis antigos e representativos da Ruta Xacobea; a frecha amarela, que indica a dirección correcta, e o punto quilómetrico que sinala a distancia de 1.318 quilómetros ata a Catedral de Santiago.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *