A Xunta de Galicia convoca axudas para a rehabilitación de vivendas na área de rehabilitación dos camiños de Santiago

A Xunta de Galicia destinará máis de 2,8 millóns de euros ás axudas de rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas no marco da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, tal como establece a resolución publicada o día 24 de xaneiro no Diario Oficial de Galicia (DOG) pola que se regulan e convocan estas axudas. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/uCGCyf.

As persoas beneficiarias destas axudas poden ser as comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean emprazadas no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago e estean en posesión da correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

As obras de rehabilitación deberán estar rematadas e calificadas definitivamente antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes das axudas (31 de outubro). As que non cumpran estes requisitos poderán beneficiarse das axudas en posteriores convocatorias das mesmas, xa que na Ari dos Camiños de Santiago o prazo para a solicitar a calificación provisional (antes da finalización das obras) e a calificación definitiva (unha vez rematadas as obras) está aberto permanentemente. Unicamente a solicitude das subvencións está sometida a unha convocatoria anual como a que hoxe publica o DOG e cun período determinado para a solicitude da axuda.

O importe máximo da axuda será de 15.000 euros por vivenda, dos que 11.000 serán de financiamento estatal e non poderán poderán cubrir ata o 35 por cento do orzamento e 4.000 de financiamento autonómico, co límite máximo do 10 por cento do orzamento.

As persoas interesadas en acceder a estas axudas poderán solicitalas ata o 31 de outubro de 2018, salvo que se esgote antes o crédito orzamentario.

A delimitación da ARI comprende o trazado das sete rutas do camiño en Galicia:

· Francés. Dende Pedrafita do Cebreiro ata Santiago de Compostela

· Da Prata I. Dende A Mezquita ou Verín ata Ourense e da Prata II. Dende Ourense ata Santiago de Compostela

· Inglés. Dende Ferrol ou A Coruña, xuntándose en Mesía ata Santiago de Compostela

· Primitivo. Dende A Fonsagrada ata Melide que conecta co Camiño Francés

· Norte. Dende Ribadeo ata Arzúa que conecta co Camiño Francés

· Fisterra e Muxía. Dende Santiago de Compostela ata Fisterra con desvío Muxía

· Portugués. Dende Tui a Santiago de Compostela

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *