A Xunta de Galicia e a Academia Xacobea convocan o I Premio de Novela ‘Camiño de Santiago’

A compostelá Libraría Couceiro acolleu a presentación do I Premio de Novela Camiño de Santiago, convocado pola Academia Xacobea en colaboración coa Consellería de Cultura, por medio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, e co patrocinio de Naturgy.

Narrativa centrada no Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago deberá ser o tema referencial das novelas, relatos ou conxuntos de relatos que se presenten a este premio. A histórica vía deberá estar presente de maneira notoria na narración, na súa vertente física, histórica, cultural, social ou imaxinaria.

Ao certame poderán concorrer ata o vindeiro 30 de outubro orixinais en galego e castelán non premiados previamente e que teñan unha extensión mínima de 200 páxinas. A obra gañadora recibirá 6.000 euros e a publicación pola Editorial Galaxia, tanto en galego (no selo Galaxia), coma e castelán (no selo Mar Maior). Haberá tamén un accésit sen dotación económica para a mellor obra literaria redactada no idioma que non obteña o primeiro premio.

A decisión do xurado darase a coñecer nun acto público no Hostal dos Reis Católicos en decembro de 2018.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *