A Xunta de Galicia e o Institute of Fine Arts asinan un convenio para celebrar en Nova York nun simposio sobre o Camiño de Santiago

A Xunta de Galicia asinou un convenio de colaboración co Institute of Fine Arts (IFA) para a organización, en 2020, dun simposio internacional sobre o Camiño de Santiago que terá lugar na cidade de Nova York.

O simposio, que estará coordinado por dous estudosos da talla de Robert A. Maxwell e Manuel Castiñeiras, abordará as diferentes maneiras nas que o Camiño foi permeable á creación de pensamentos e ideas, soños e historias, romances e cantares épicos. Un encontro ao que se invitará a especialistas en todos os campos –en historia da arte, literatura, folclore e historia-, co obxecto de dar unha ampla visión sobre a construción da imaxe e a imaxinación destas rutas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *