A Xunta de Galicia iniciará os trámites para declarar como BIC o Colexio dos Pais Escolapios de Monforte

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural iniciará os trámites para declarar o colexio de Nosa Señora da Antigua de Monforte de Lemos, no Camiño de Inverno, como Ben de Interese Cultural.

Este conxunto monumental está formado polo edificio do colexio coa fachada de estilo renacentista, a igrexa de Nosa Señora da Antigua, o claustro e o museo. O templo alberga importantes obras de arte entre as que destaca o retablo maior de Francisco Moure que data de principios do século XVII e a estatua do cardeal Rodrigo de Castro fundida en bronce, obra do escultor Juan de Bolonia. O museo, instalado na antiga sancristía, conta con dous óleos de El Greco e cinco táboas de Andrea del Sarto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *