A Xunta de Galicia mellorará a entrada do Camiño Portugués en Conxo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción de mellora e integración paisaxística do Camiño Portugués en Conxo, no Concello de Santiago.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a esta resolución: https://goo.gl/y26qWW

O orzamento estimado desta intervención no barrio histórico de Conxo no ámbito do Camiño de Santiago suporá un investimento de 2,1 millóns de euros, nos que preto de 75.000 euros se destinan ao pagamento das expropiacións dos 7 predios necesarios para esta actuación.

Esta intervención avanza na estratexia da Xunta para optimizar as entradas na capital de Galicia das diferentes rutas xacobea, dotándoas dunha imaxe de identificación internacional común. Trátase de acadar que no vindeiro ano santo do 2021 o Camiño sexa claramente visible e identificable nas zonas urbanas da capital de Galicia, favorecendo o tránsito dos peregrinos sobre o tráfico rodado, así como a posta en valor e desfrute dos espazos polos que transcorre.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *