A Xunta de Galicia presenta o Plan Estratéxico do Xacobeo 2021

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, chamou á implicación do conxunto da sociedade para que o Xacobeo 2021 faga crecer o Produto Interior Bruto de Galicia un 0,9% e cree 11.500 empregos a tempo completo nos próximos catro anos, desde hoxe ata 2022, o último exercicio que se verá influenciado directamente polo Ano Santo.

Fíxoo durante a presentación do Plan estratéxico do Xacobeo 2021 ante membros da Igrexa, alcaldes dos máis de 120 concellos polos que transcorren os camiños, asociación xacobeas e culturais e directivos turísticos, unha ampla representación de Galicia.

Esta folla de ruta conta con achegas de máis de 600 persoas, entidades, organizacións políticas e peregrinos. Por isto, chamou á implicación do conxunto da sociedade galega, española e europea para que Galicia mostre no Xacobeo 2021 todo o seu potencial e todas as súas capacidades no eido cultural, turístico e relixioso, pero tamén no económico e social.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *