A Xunta presentou o proxecto do novo albergue de peregrinos de Ferrol, na Casa do Mar, situada nun dos puntos de saída do Camiño Inglés.
O proxecto de reforma na antiga Hospedaría situada no último andar da Casa do Mar permitirá que a cidade de Ferrol conte cun novo albergue para o aloxamento dos peregrinos que se acheguen a esta cidade.
O Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago 2015-2021 inclúe o Plan de Albergues, que recolle a mellora e creación de novos albergues de peregrinos. Dende 2015 as actuacións de mellora da Rede Galega de Albergues están supoñendo un investimento de 15,7 millóns de euros, onde se encadra o investimento da creación do albergue de Ferrol.