A Xunta de Galicia solidarízase coas vítimas e familias das catro prefecturas de Shikoku (Xapón) afectadas polas chuvias torrenciais

Turismo de Galicia e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo solidarízanse coas vítimas e familias das catro prefecturas de Shikoku (Xapón), Ehime, Kagawa, Kochi e Tokushima, afectadas polas chuvias torrenciais caídas entre os días 5 e 10 de xullo, que provocaron desprendementos, movementos de terras e inundacións nas rexións do suroeste do país. Máis de 184 falecidos, 61 desaparecidos e 23.000 mil persoas desprazadas nas rexións que padecen esta traxedia: Hiroshima, Okayama e Shikoku. Nesta illa as prefecturas Ehime e Kochi, con 28 falecidos e tres persoas desaparecidas, son as máis damnificadas.

O camiño de peregrinación dos 88 templos de Shikoku, denominado Shikoku henro, ten unha orixe vinculada ás prácticas devocionais do monxe Kukai (Kobo-Daishi), introdutor en Xapón a principios do século IX do Budismo Shingon, continuadas polo pobo a través dos séculos. O Shikoku henro ten unha especial relación co Camiño de Santiago, a través do Protocolo Xeral de Colaboración asinado en 2015 pola Xunta de Galicia e as prefecturas de Ehime, Kagawa, Kochi e Tokushima.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *