A Xunta de Galicia falla os premios Camiño de Santiago 2017

A Xunta de Galicia falla os premios Camiño de Santiago que distinguen a institucións e colectivos polo seu traballo no eido xacobeo

A edición dos Premios Camiño de Santiago 2017 concedidos por Turismo de Galicia xa teñen gañadores nas súas catro categorías. Estes galardóns, cos que a Xunta de Galicia pretende recoñecer o traballo no eido xacobeo desenvolvido por institucións públicas, asociacións, empresas, universidades, colexios e investigadores, serán entregados nas próximas semanas nun acto que terá lugar en Santiago de Compostela e do que se informará puntualmente aos interesados.

Na categoría de concellos, o premio recaeu no Concello de Melide (A Coruña), pola súa labor de embelecemento e posta en valor do Camiño de Santiago ao seu paso polo seu municipio, a sinalización de recursos naturais e patrimoniais e a limpeza dos tramos desta ruta.

No apartado destinado a recoñecer iniciativas o actuacións promovida polas asociacións de amigos do Camiño de Santiago, o premio foi a parar á Federación Española de Amigos do Camiño de Santiago, que desde hai máis de 25 anos promove encontros e congresos e coordina un programa permanente de hospitaleiros voluntarios, e á Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Lugo, que mantén unha destacada labor na nosa Comunidade.

En terceiro lugar, os Premios Camiños de Santiago distinguen á empresa Ideas Peregrinas de Tui, onde conta cun albergue e espazo de acollida aos peregrinos, e á RedEmprendia pola iniciativa Spin Way na que estiveron implicados estudantes de diferentes países.

Por último, existe unha cuarta categoría para premiar actividades de carácter académico, investigador ou educativo. Neste caso, obtiveron os galardóns a Cátedra do Camiño de Santiago da Universidade de Torun (Polonia) e o Colexio A Merced de Sarria (Lugo).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *