Igrexa de Santiago de Pontedeume

A Xunta licita a restauración do retablo maior da Igrexa de Santiago en Pontedeume

O templo −que se atopa no Camiño Inglés− está protexido polo seu valor cultural ao estar incluído no catálogo de protección do PXOM. Así mesmo faise mención ao seu valor cultural na declaración da comarca eumesa como conxunto histórico.

As principais actuacións consistirán na limpeza e recuperación da imaxe de Santiago Sedente e o sagrario, na adecuación da zona do sagrario antedita para continuar a lectura do banco pétreo (axuste dos sillares en relación co banco existente, encintados con morteiro de cal), na limpeza da superficie, no reforzo dos elementos metálicos e ancoraxes, tratamentos na estrutura, na restauración dos lenzos, na limpeza de vernices oxidados, nos repintes puntuais e reintegración cromática e na realización dun fondo e unha cruz para a desaparecida fornela central, co obxecto de recuperar unha lectura unitaria do conxunto.

A igrexa de Santiago da súa traza orixinal só se conserva a capela maior, edificada en 1538, por encargo de Fernando de Andrade e Pérez das Mariñas. Debido a un incendio no tempo foi reconstruído no século XVIII, baixo o mandato do arcebispo Raxoi. Caracterízase por contar cunha gran bóveda estrelada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *