Catedral de Mondoñedo

A Xunta poñerá en marcha o novo plan de conservación e rehabilitación das cinco catedrais galegas

O novo Plan Catedrais que prepara a Xunta de Galicia blindará o mantemento e conservación destes cinco grandes templos galegos no horizonte do Xacobeo 2027 para dar continuidade ao esforzo inversor dos últimos anos coa intención de seguir preservando o patrimonio.

O Plan Catedrais está neste momento en elaboración, en diálogo coas distintas dioceses, coa previsión de aprobalo esta primavera, dirixido fundamentalmente aos templos matrices de Lugo, Ourense, Tui e Mondoñedo. Trátase dunha actuación que beneficiará ás catro provincias e que actuará en bens que suman máis de 4.500 anos de historia, todas elas está vinculadas ao Camiño de Santiago. De feito, tres delas están incluídas na declaración de Patrimonio Mundial da Unesco.

2 comentarios

  1. Me gustaría recibir información sobre caminos para visitar y lugares para visitar y una catedral importante para visitar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *