A Xunta presenta o catálogo “Camiñantes”, unha escolma de fotografías de peregrinos

A Xunta de Galicia presentou o catálogo da exposición Camiñantes, de Tino Martínez, que conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo e reúne 40 fotografías inéditas de peregrinos, 18 en color e 22 en branco e negro.

O autor recolle nelas a súa visión sobre o Camiño de Santiago e sobre os camiñantes que o percorren. De feito, varias das imaxes van acompañadas dunha reflexión manuscrita dos propios protagonistas na que resumen a súa experiencia ao realizar a Ruta Xacobea.

A mostra, inaugurada en xuño deste ano, pode contemplarse no Museo das Peregrinacións e de Santiago ata o vindeiro 31 de outubro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *