A Xunta de Galicia sinaliza o Camiño de Santiago en Cracovia coa instalación dunha mouteira

A Xunta sinalizou o Camiño de Santiago en Polonia coa instalación dunha mouteira a 4.184 quilómetros de Santiago de Compostela fronte á chamada ventá do Papa Xoán Paulo II no Pazo Bispal de Cracovia. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, no marco da súa viaxe institucional a este país, presidiu o acto de colocación do fito canda o alcalde de Cracovia, Jacek Majchrowski, o embaixador de España neste país, Francisco Javier Sanabria e o obispo de Cracovia, Damian Muskus.

O titular de Cultura e Turismo, que estivo acompañado da comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, destacou o apoio do Pontífice polaco ao feito xacobeo e lembrou que visitou Santiago de Compostela en dúas ocasións, a primeira en 1982, cando realizou o Camiño, e a segunda en 1989 durante a Xornada Mundial da Xuventude, da que se fan 30 anos.

A mouteira instalada hoxe en Cracovia é a quinta situada polo Goberno galego logo das ubicadas en Glasgow, Bruxelas, Lorient e Río de Janeiro nos últimos meses co fin de favorecer a internacionalización do Camiño de Santiago.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *