Credencial dixital do peregrino

ACC anima ás parroquias e albergues de acollida a dispoñer de selo dixital

A Catedral de Santiago presentou a app oficial de Credencial do Peregrino, a única mediante a cal se poderá acreditar na Oficina do Peregrino o Camiño percorrido para obter a Compostela. Este novo sistema coexistirá coa Credencial tradicional de papel na que os peregrinos estampan os selos das localidades que percorren cara á tumba do Apóstolo.

O funcionamento de ambas as versións, dixital e papel, é en esencia idéntico. Da mesma maneira que os peregrinos obteñen o selo de tinta en parroquias, confrarías, albergues e outros establecementos localizados polo roteiro xacobeo, tamén poderán obter o selo dixital escaneando un código QR naqueles puntos de acollida que se deron de alta nesta aplicación.

A Fundación Acollida Cristiá nos Camiños de Santiago convida as entidades eclesiásticas vinculadas ao Camiño para rexistrar o seu selo de forma dixital nesta aplicación. O procedemento, moi sinxelo, para levar a cabo esta acción pódese realizar mediante o xerador se selos web (Xerador de Selos (servizos- scq. info). ACC ofrécese a resolver calquera dúbida que as parroquias ou albergues de acollida cristiá poidan ter neste sentido. Para o rexistro do selo requírese unha conta de correo electrónico desde onde se poderá acceder ao control do punto de acollida que se rexenta, introducir a súa dirección, e unha imaxe en calquera formato do selo que se desexa dixitalizar.

Unha vez rexistrado o punto, a páxina web xerará un código QR que o establecemento deberá imprimir e que poderá ou ben poñer nun lugar visible da parroquia ou albergue, ou ben custodiar e mostrar aos peregrinos cando estes desexen selar dixitalmente a súa credencial co teléfono móbil. A implantación deste sistema dixital de selaxe non varía en absoluto o espírito do Camiño de Santiago nin menoscaba a oportunidade para a acollida que o momento da selaxe supón.

Texto: Fundación de Acollida Cristiá nos Camiños de Santiago

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *