Achada unha nova escultura na Catedral de Santiago atribuida ao Mestre dos Panos Mollados

O 10 de novembro de 2016, mentres se abría un muro na cámara sita na parte baixa da torre das Campás de la Catedral, para poder retirar a imaxe do Mestre Mateo descuberta uns días antes enterrada na mesma zona, ao retirar os perpiaños que formaban o muro, encontrouse, empotrada no mesmo e reutilizada como material construtivo polo seu reverso, un fragmento dunha figura masculina.

A peza adscríbese polas súas características ao chamado Mestre dos Panos Mollados, enigmático artista o taller activo na catedral ao redor do ano 1070. No Museo Catedral consérvanse outras tres pezas atribuídas ao mesmo autor ou taller. Entre todas elas, non obstante, hai un nexo común marcado polo traballo dos pregues e o tratamento das vestiduras, de clara influencia clásica e que ten o seu paralelo máis inmediato en traballos borgoñóns contemporáneos.

Tras o seu achado, a peza ten sido sometida a unha profunda limpeza dos morteiros que tiña adheridos, traballo que correu a cargo do departamento de restauración da Fundación Catedral. Deste modo, tense preparado a obra, que queda pendente dunha restauración en profundidade, para que poda formar parte, a partir do próximo mes de outubro, da exposición El poder del pasado. 150 años de arqueología en España.

Tras a súa presentación, a peza quedará exposta ao público na Sala de Gramáticos do Pazo de Xelmírez até o día 11 de setembro en que viaxará a Madrid para a súa montaxe na citada exposición. Tras a su clausura, exporase de forma permanente nas salas del Museo Catedral de Santiago que, en 2018, cumplirá el 90 aniversario de su fundación.

Fonte: Xunta de Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *