O Parlamento de Galicia resultou gañador do Premio Internacional da Asociación de Xornalistas e Estudiosos do Camiño de Santiago ( Apecsa) 2018 polo seu “notable labor” de divulgación da Ruta Xacobea.
O xurado estivo presidido polo vicepresidente desta entidade, Luís Celeiro Álvarez, quen destacou a aprobación por unanimidade no Lexislativo galego, en 1991, do Plan Xacobeo 93.
E é que esta iniciativa, segundo informa Apecsa, trátase dun proxecto para a dinamización socioeconómica e cultural de Galicia a través do Camiño de Santiago, un ben histórico “e con perspectiva de futuro” declarado Patrimonio Mundial pola Unesco en 1993.
Así, o presidente de Apecsa, Xosé María García Palmeiro, entregará ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices, unha distinción e unha escultura do lucense Luís Loureira nun acto que se celebrará o próximo 20 de decembro no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela.
Fonte: El Correo Gallego