As Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago recibiron a Medalla Castelao 2020

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, fixo entrega dunha das Medallas Castelao 2020 a Luis Gutiérrez Perrino, presidente da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, que recolleu o galardón en nome de todas as Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.

As Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago son institucións sen ánimo de lucro repartidas por todo o mundo que, desde hai décadas, colaboran na conservación da Ruta Xacobea na difusión do seus valores e na atención aos peregrinos.

Estas entidades xurdiron en 1950 en París, Francia. Naceron inicialmente como herdeiras das antigas confrarías de peregrinos a Santiago (tamén mencionadas como irmandades e fraternidades) que entre os séculos XII e XVIII se estenderon por Europa coa misión de axudar aos peregrinos en tránsito á distante meta compostelá. Ofrecíanlles de xeito altruísta acollida nos seus hospitais, información para o camiño, axuda, etc., sempre baixo a atención dos propios confrades.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *