As obras no interior da Catedral obrigan a trasladar as celebracións litúrxicas

Ante o inminente comezo das obras no interior da Catedral de Santiago, que polo seu alcance e magnitude farán imposible manter a normal actividade no altar maior, naves e nas capelas da basílica, a partir do luns 28 de xaneiro, o culto trasladarase a outras igrexas da cidade.

Concretamente, a misa diaria do peregrino, ás 12:00 h, celebrarase na igrexa de S. Francisco.

A igrexa de Santa María Salomé acollerá a celebración da eucaristía co seguinte horario: 7:30, 9:00, 10:00 e 19:00 h. de luns a domingo. O sábado pola tarde tamén ás 18:00 h. e o domingo, ademais das celebracións indicadas, haberá misa ás 13:00 e 18:00 h.

A parroquia da Corticela mantén a súa misa habitual ás 11:00 h.

Os grupos de peregrinos en distintas linguas distribuiranse nas igrexas de S. Fructuoso, S. Fiz de Solovio, Sta. María Salomé e na capela do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino ( rúa Carretas, 33).

As principais solemnidades e festas, que se indicarán oportunamente, celebraranse na igrexa de S. Martín Pinario (Festividade do Apóstolo Santiago, Misa Crismal, S. Juan de Ávila…).

A Catedral permanecerá aberta, polo que estará accesible a fieis, peregrinos e visitantes, aínda que estarán acoutados os espazos nos que se estea intervindo en cada momento. Poderase realizar o rito do Abrazo ao Apóstolo no seu camarín e descender á cripta apostólica. O horario de apertura da Catedral será de 9 h a 19 h.

A única porta que permanecerá aberta será a de Praterías, con dobre uso: entrada e saída, cumprindo tamén función de porta de saída o Pórtico Real. O acceso por Azabachería se reserva para os usos e necesidades das obras.

O prazo de execución desta intervención é de 12 meses.

Fonte: Catedral de Santiago de Compostela

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *