Ávila presidirá a Federación de Asociacións do Camiño de Santiago do Levante-Sueste

No V Encontro de Asociacións do Camiño de Santiago do Levante Sueste, celebrado a pasada fin de semana en Medina del Campo e á que acudiron dezaseis asociacións desta ruta xacobea, debatéronse os Estatutos da Federación de Asociacións do Camiño de Santiago do Levante-Sueste para a súa aprobación, que unha vez aprobados e asinados; votouse entre todas as asociacións para a elección da Xunta Directiva, recaendo na provincia de Ávila a presidencia, durante un período de catro anos.

O obxectivo da mesma, é a revitalización desta ruta xacobea, así como fomentar a súa peregrinación nela e a atención a todos os peregrinos que pasan por este Camiño, noutro tempo esquecido e que se está a recuperar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *