Carlos Meixide gaña a primera edición do premio de Novela Camiño de Santiago

O xornalista e escritor Carlos Meixide alzouse coa súa obra Camiños de paixón coa primeira edición do Premio de Novela Camiño de Santiago, segundo se deu a coñecer no acto de entrega deste certame celebrado na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia.

O premio, convocado pola Academia Xacobea, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo e co patrocinio de Naturgy, está dotado con 6.000 euros e a novela gañadora será publicada pola Editorial Galaxia, tanto en galego como en castelán. Nesta ocasión recibíronse un total de quince propostas nas que o Camiño estaba presente de maneira notoria na narración, na súa vertente física, histórica, cultural, social ou imaxinaria.

O xurado estivo composto polo presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou; o escritor Ulises Bértolo; a responsable de Relacións Institucionais e Comunicación de Naturgy en Galicia, Amalia Baltar; o catedrático de Historia da USC, Pegerto Saavedra; a escritora Rosalía Morlán, e o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *