Como planificar o teu camiño

Cando comezamos a planificar o Camiño de Santiago, existen algúns factores a ter en conta.

O primeiro é decidir como o imos facer: a pé, a cabalo, en bicicleta … Normalmente, a maioría dos peregrinos decide ir a pé, xa que non esixe tanta preparación física como viaxar en bicicleta e o cabalo esíxenos pensar non só no noso mantemento e na nosa comida, senón tamén no seu. Pode dicirse que facelo camiñando é, polo tanto, axeitado para case todos.

Unha vez que decidamos como o imos facer, temos que tomar outra decisión sobre a ruta. Para iso, deberemos buscar información sobre as rutas dispoñibles e o seu grao de dificultade.

O terceiro factor a considerar é o tempo que temos para tratar adaptar o número de etapas ao número de días e non forzar o noso corpo. O mínimo necesario para chegar a Santiago é de 100 quilómetros, a pé ou a cabalo, ou 200 quilómetros, se optamos por facelo en bicicleta. A partir de aí, podemos comezar a etapa onde queiramos, pero como dicimos, sempre intentando adaptarse aos días que temos dispoñibles.

Tamén é importante decidir en que época do ano imos facelo, pois iso pode influír non só no noso desgaste físico, senón tamén ao elixir as pertenzas que imos necesitar.

Debemos tamén solicitar a credencial de peregrino no punto de partida e selar o inicio da nosa ruta. Con iso, iremos parando en cada unha das distintas paraxes do Camiño para recibir un selo. É esa credencial a que nos dará acceso a albergues públicos e é tamén o único documento que proba ao chegar a Santiago que fixemos máis da distancia mínima esixida e, polo tanto, correspóndenos recoller a Compostela ao final do traxecto.

Non debemos esquecer tampouco a nosa idade e noso estado físico, e paga a pena facer unha revisión médica completa antes de someter ao noso corpo a tanto esforzo, así como informarnos sobre posibles puntos de asistencia no Camiño en caso de precisala.

Finalmente, cómpre recordar que toda a información é pouca e que en Internet podemos atopar unha morea de axuda a este respecto. Tamén podemos acudir a Cofradías e Asociacións de peregrinos que nos axuden a resolver todas as nosas dúbidas e  nos aconsellen á hora de afrontar o Camiño.

Unha vez planificada a nosa viaxe, estamos preparados para a aventura.

Vémonos no Camiño!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *