Constitúese a comisión organizadora do Xacobeo 2021

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, asistiu a sesión constitutiva da comisión organizadora do Xacobeo 2021. Feijóo avanzou que as liñas estratéxicas do Plan Xacobeo 2021 serán aprobadas despois do verán.

O equipo estará encabezado pola comisaria, Cecilia Pereira, cunha longa traxectoria en xestión cultural que a avala para exercer o comisariado deste evento. E complementarase co traballo do Grupo Ano Santo 2021, constituído este mesmo mes no seo do Consello Xacobeo.

A celebración contará co apoio do Goberno central a través de dous compromisos: tres anos de bonificación fiscal para os patrocinadores do Xacobeo 2021, un ano máis que noutros anos santos; e a celebración en Galicia de dous sorteos da Lotería Nacional.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *