Constitúese en Ponferrada a Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago

O castelo dos Templarios da cidade leonesa de Ponferrada acolleu o acto de constitución da Asociación de Municipios do Camiño de Invisto a Santiago. Un total de 19 concellos formarán parte desta Asociación.

O acto celebrado onte pola mañá serviu para que todos os concellos asinasen os estatutos polos que se rexerá a Asociación e elixiron a súa primeira xunta directiva. A alcaldesa de Ponferrada, Gloria Fernández Merayo, será a presidenta da institución, mentres que a vicepresidencia recae no alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro. O tesoureiro será o alcalde do municipio lucense de Quiroga, Julio Álvarez Núñez, e creáronse tres vocalías, que ocuparán representantes dos municpios de Pantón (Lugo), Rodeiro (Pontevedra) e Vedra (A Coruña).

Tras esta constitución formal da Asociación, en datas próximas convocarase a primeira reunión de traballo da xunta directiva, na que se xa se marcarán prioridades e obxectivos de traballo.

Fonte: La Región

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *