Cultura e Turismo partica na xornada “Chemins de Sanint-Jacques-de-Compostelle, Patrimoine de L’Humanité. Et maintenat?”

O director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, participou na primeira xornada conxunta España-Francia para as celebracións do 20ª aniversario en Francia e o 25º en España da declaración do Camiño Francés como Patrimonio Mundial.

O comité de patrimonio mundial da UNESCO, o 10 de decembro de 1993 en Cartaxena (Colombia) e o 2 de decembro de 1998 en Kyoto (Xapón), inscribiu na súa lista o ben Camiño de Santiago en España e en Francia respectivamente.

Francia e España reuníronse na localidade francesa de Saint-Jean- Pied-de- Port para celebrar este dobre aniversario e en diante traballar en estreita colaboración en torno ao Camiño de Santiago.

No programa da xornada destacaron unha reunión dos axentes franceses e españois ao redor dos retos do patrimonio mundial e das perspectivas de xestión e de desenvolvemento sustentable do Camiño de Santiago, exposicións, conferencias e un concerto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *