Entréganse en Santiago de Compostela os premios Pentafinium Jacobeo

O Mosteiro de San Martiño Pinario acolleu a entrega do Premio Internacional Pentafinium Jacobeo ás Belas Artes, Música, Literatura, Investigación e Imaxe, un galardón con gran prestixio e presenza internacional que está impulsado pola Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e que busca incentivar a investigación, a difusión e a creación artística relacionada co Camiño de Santiago.

Nesta edición os premios recoñeceron a Alejandro Barral, na sección de investigación; Isabel San Sebastián, no eido da literatura; Santiago Escribano, no ámbito da fotografía; Ana López Martín, na imaxe cinematográfica; John Arme Jason, en pintura; o grupo Brigan, en música, e Michele Lescure e Ramón Rodríguez no eido da escultura.

A Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago convoca o Premio Internacional Pentafinium Jacobeo a las Bellas Artes, Música, Literatura, Investigación e Imagen desde o ano 2007. Na actual edición presentáronse nas distintas categorías preto de 60 creadores internacionais e de diferentes partes de España e foron recoñecidos oito profesionais, dous deles ¬–Alejandro Barral e Michelle Lescure– recibiron este recoñecemento a título póstumo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *