Exposición “Camiño ComPostal”

Camiño ComPostal é unha mostra, da que é comisario o reporteiro gráfico e xornalista José Manuel Salgado, que reune 110 postais históricas e poderá visitarse na palloza de Quico do Cebreiro ata o próximo día 19 de outubro. Os seguintes concellos, todos eles do Camiño Francés, que acollerán a exposición serán os de Monterroso (23 de outubro ao 2 de novembro), Triacastela (6 ao 16 de novembro), Palas de Rei (20 ao 30 de novembro), Samos (4 ao 14 de decembro), Sarria (31 de decembro ao 11 de xaneiro), Arzúa (15 ao 25 de xaneiro), Paradela (29 de xaneiro ao 7 de febreiro), Melide (12 ao 22 de febreiro), Portomarín (26 de febreiro ao 7 de marzo) e Santiago de Compostela (11 ao 21 de marzo).

Organiza: Asociación de Peridistas e Estudosos do Camiño de Santiago

Patrocina: Xunta de Galicia, a través do programa O teu Xacobeo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *